OBRADOIROS PARA APRENDER MÁIS:
Os Obradoiros para Aprender Máis son unha forma de organización na que se destaca o traballo colectivo e dinamizado das familias cos seus fillos.
Nestes obradoiros póñense en práctica diversas técnicas e actividades sistematizadas, moi dirixidas, cunha progresión de dificultade ascendente, para conseguir que o neno adquira diversos recursos e coñeza diferentes técnicas que logo utilizará de forma persoal e creativa.
A través dos obradoiros traballamos todos os contidos do currículo utilizando as diferentes linguaxes (corporal, verbal, artístico, audiovisual e as tecnoloxías de información e comunicación), de forma integrada e globalizada incidindo máis nunha linguaxe ou outra en función da temática do taller.
MUSIQUEANDO
Obradoiro de músicoterapia para alumnos de Educación infantil.
A esta idade a música encántalles e a través das actividades lúdicas deste obradoiro conseguimos importantes beneficios.
Os nenos/as desenvolven seguridade emocional e confianza, melloran a aprendizaxe con cancións infantís nas que as sílabas son rimadas, repetitivas e acompañadas de xestos, potencian a concentración e estimulan a expresión corporal mellorando a súa coordinación.
O neno que vive en contacto coa música aprende a convivir de mellor maneira con outros nenos, establecendo unha comunicación máis harmoniosa.
Diverciencias nace co afán de promover e achegar as ciencias aos máis pequenos do colexio. De xeito totalmente lúdico e divertido os alumnos viven seis semanas cargadas de actividades emocionantes e moi divertidas.
A experiencia resulta moi divertida xa que combina a aprendizaxe co xogo. Deste modo, os nenos/as perden o medo á Ciencia e esquécense da idea de que as matemáticas son aburridas. Porque a ciencia tamén é diversión, descubrimento, misterio, experimentación e como non, creación.
Ademais, a maioría das actividades están conducidas polo alumnado de Educación Secundaria, que se encarga de motivar aos máis pequenos/as para que perdan o "medo" ás ciencias.
EMOCIONA-T
Os nenos son os auténticos protagonistas deste obradoiro onde toman contacto coas súas emocións. As emocións acompáñannos en cada paso que damos, levámolas tan interiorizadas que en ocasións resulta complicado darse conta delas, por iso é tan importante que os pequenos aprendan a xestionalas.
Identificar como se senten fará que se coñezan mellor e que o seu modo de actuar teña sentido conseguindo un benestar emocional.
A familia é o lugar onde se establecen os primeiros vínculos, relacións e emocións. Os pais son para os nenos/as os seus modelos e guías, por iso é fundamental que cando falamos de educar en emocións os pais sexan os primeiros en saber identificar as súas propias.
A través do xogo, dinámicas e diversións poñemos en práctica estas habilidades tan importantes para o crecemento e o desenvolvemento integral dos nosos fillos.
XADREZ NA AULA
“O xadrez é algo máis que un xogo; é unha diversión intelectual que ten algo de arte e moito de ciencia. Ademais é un medio de acercamento social e intelectual.”
José Raúl Capablanca, excampión mundial.
Xadrez na Aula é un programa para nenos de 3 a 12 anos que nace coa finalidade de desenvolver o pensamento creativo e cultivar valores e habilidades sociais. O obxectivo principal do programa é optimizar os procesos de aprendizaxe dos nosos alumnos aproveitando ascaracterísticas lúdicas e intelectuais do Xadrez.
O programa divídese en sete niveis, dende Educación Infantil ata sexto curso de Primaria, e está dirixido por Miguel A.Fernández-Martínez Monitor de Xadrez Titulado polo "Centro Internacional de Ajedrez XG" e Director do Proxecto Trebellos.
BRINCA VAI!
Entre outros aspectos importantantes para o desenvolvemento do alumnado de infantil, atópase a música. Está probado que a música reduce os niveis de estrés nos nenos/as xa que un efecto de relaxación neles.
O ritmo permite asociar música e movemento e, por tanto, favorece o desenvolvemento psicomotor, proporcionando aos cativos/as maior sentido do equilibrio.
A música estimula tamén o desenvolvemento lingüístico, de ahí que o noso colexio aposte por ela organizando concertos para toda a familia, nesta ocasión coas cancións e a música en vivo de Paco Nogueiras e o seu BRINCA VAI!.
ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE
Dada a importancia da estimulación temperá para o desenvolvemento de todas as áreas evolutivas do neno propoñemos este taller de estimulación da linguaxe para os máis pequenos.
Estimularemos a linguaxe oral dos nenos/as traballando de maneira lúdica os prerequisitos da fala tales como a relaxación, respiración, sopro, e aspectos motores.
Se melloramos o desenvolvemento da fala e da linguaxe incrementaremos a capacidade para pensar, razoar, recordar e aprender. Se valoramos a evolución facilitaremos a detección precoz de calquera alteración da linguaxe que presente o neno.
A familia ten un importante papel neste obradoiro cargado de xogos e actividades.
HORTA ECOLÓXICA
O Colexio conta cunha horta a disposición de todo o alumnado do centro, incluídos os alumnos/as de infantil.
Os máis pequenos colaboran na horta realizando tarefas como xerminación das sementes, plantación de plántulas, rega, abonado, recoleción dos froitos, etc. A nosa horta ten a vantaxe de ser Ecolóxica, é dicir, non se emprega ningún tipo de produto tóxico, o que ademáis garante a seguridade do noso alumnado.
O traballo na horta favorece:
-
que os nenos/as aprendan a ser pacientes, posto que as plantas non crecen dun día para outro,
-
o desenvolvemento da responsabilidade xa que as plantas son seres vivos que precisan uns coidados para vivir.
-
Desenvolven un sentimento positivo cara a natureza e repeto cara o entorno que os rodea.
PSICOMOTRICIDADE
A psicomotricidade é unha actividade que se divide en dúas partes: a motriz e a psíquica. A unión destas, constitúe parte do proceso de desenvolvemento integral das persoas. A intelixencia constrúese a partir da actividade motriz dos nenos/as. A importancia da psicomotricidade nos primeiros anos de vida, é básica, xa que a aprendizaxe tamén se produce a través do movemeno, a acción do neno sobre o medio e as experiencias.
Durante os primeiros anos de vida, a psicomotricidade inflúe directamente sobre o desenvolvemento intelectual, afectivo e social das persoas.
-
A nivel motor: permite aos cativos dominar o seu movemento corporal.
-
A nivel cognitivo: permite aos cativos mellorar en memoria, atención e concentración.
-
A nivel social e afectivo: permítelles coñecer e facer fronte aos seus medos así como relacionarse cos demais.
PROGRAMA PELO
Desenvolvemento da linguaxe oral e prevención de dificultades co Programa PELO.
O Programa PELO (Programa de Estimulación da Linguaxe Oral) forma aprte doutro proxecto innovador do noso Centro Escolar para dar resposta ás necesidades educativas ddos nosos/as alumnos/as e prever as dificultades que aparecen durante a Educación Infantil.
A través de diferentes Obradoiros impartidos pola Especialista de Audición e Linguaxe e unha metodoloxía moi dinámica, garantimos un correcto desenvolvemento da linguaxe e potenciamos a aprendizase dos nosos alumnos/as.
A importancia da adquisición e desenvolvemento da linguaxe é un dos aprendizaxes máis importantes en Educación Infantil converténdose nun pilar fundamental na nosa escola.
Valores Pedagóxicos dos Obradoiros:
-
Son situacións moi motivadoras para os/as nenos/as, polo que o rendemento nestas aprendizaxes é bo.
-
Propíciase as relacións entre os/as nenos/as fomentando así a sociabilidade.
-
Fomentan a capacidade creadora do/a neno/a.
-
Fomentan o contacto coas familias dos/as nenos/as e coa contorna próxima da Escola.
Tipos de Obradoiros:
Son múltiples os obradoiros que traballamos en Educación Infantil:
-
Obradoiros de movemento e música (dramatización, bailes, expresión corporal...)
-
Obradoiros de experiencias (taller do aire, da luz, da auga, da ciencia...
-
Obradoiros de xogos (xogos de mesa, populares, de movemento...
-
Obradoiros de animación á lectura (taller de contos, de letras, de poesía, literatura...)
-
Obradoiros de plástica (arxila, recortado e pegado, colaxe, pintura...)
-
Obradoiros de construción (reciclado, contrucción de xoguetes, marionetas, construción de instrumentos musicais...)
-
Obradoiros de alimentación (do pan, de sobremesas, de zumes...)
-
Obradoiros de informática (xogos, internet...)