top of page

HORARIO AMPLIADO

De 7:30 A 9:00 horas da mañá e de 14:00 a 16:30 horas da tarde, para favorecer a conciliación da vida familiar e laboral.

COMEDOR

Elaboración de MENÚS ADAPTADOS á idade dos nosos alumnos, así como ás diversas alerxias e intolerancias coñecidas e as enfermidades ocasionais ou crónicas.

ENCERADOS DIXITAIS

Contamos con encerados dixitais en todas as aulas dos grupos de 3, 4 e 5 anos.

ZONA DE XOGOS ESPECÍFICA AO AIRE LIBRE

Zona de xogos para o 2º Ciclo de Educación Infantil (3-6 anos) con parque, material lúdico e aseos adaptados a estas idades.

SALA DE PSICOMOTRICIDADE

Para uso exclusivo do alumnado de Educación Infantil, onde se desenvolverán dúas sesións semanais.

INSTALACIÓNS DEPORTIVAS

Instalacións propias dotadas de ximnasio, materiais lúdicos e pedagóxicos adaptados a cada nivel.

AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Desenvolvemos un proxecto innovador da Linguaxe Oral. A especialista en audición e linguaxe encárgase da correcta adquisición da linguaxe nestas idades temperás e a súa intervención precoz.

AULA DE INFORMÁTICA

Aula dotada dun ordenador para cada alumno.

Biblioteca con espazos e dotación de material específicos para os alumnos de Educación Infantil. 

Non dubides en consultar as nosas recomendacións para os máis pequenos. 

PLAN PIPE

O Plan Pipe Tube potencia a aprendizaxe do idioma estranxeiro coa presenza nas aulas de auxiliares de conversa nativos dende os 3 anos.

Fóra da xornada escolar levamos a cabo actividades nas que os nosos alumnos e as familias son os protagonistas. Contacontos, Obradoiros con diferentes temáticas, eventos musicais, etc.

Please reload

bottom of page